28.12.10

Land Art. Andy Goldsworthy,

Tomamos como referente para analizar o tema 3 a este escultor británico que utiliza a natureza como material e espazo de traballo. A maior parte da súa obra foi realizada en lugares abertos en distintos países como Inglaterra, Noruega, Canadá, Xapón, Estados Unidos ou o Polo Norte. Dado que a súa obra, enmarcada dentro do movemento do Land Art, é efímera, as súas intervencións son fotografiadas ou filmadas para gardar rexistro das mesmas.

A diferenza da primeira xeración de artistas do Land-Art, como Michael Heizer ou Walter De Maria, as esculturas de Andy Goldsworthy (Cheshire, Inglaterra, 1956) non constitúen ningún tipo de agresión contra a paisaxe. Trátanse de intervencións mínimas, realizadas con materiais atopados no contorno natural e manipulados a través de accións simples coas ferramentas corporais do propio artista (mans, dentes, etc). A actividade escultórica de Goldsworthy ten bastante que ver con certa cotidianeidad nostálxica pre-industrial, a partir de paseos, encontros e sutís transformacións dun contorno natural apenas manipulado.
Traballa coa levedade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, ve todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no transfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxecto en sí, amósanos a enerxía e vida que teñen cada un deles.

Catálogo dixital: Aquí.

Vídeos: Aquí 1Aquí 2, Aquí 3.

Proxecto para unha escultura nun espazo público.

INTEGRACIÓN DO VOLUME NA NATUREZA.

Proxecto para unha escultura nun espazo público.

- O alumnado deberá realizar unha proposta sobre unha forma tridimensional para ser colocada en un espazo exterior mediante bosquexos, debuxos ou fotomontaxes e unha pequena maqueta. Deberase ter en conta os seguintes aspectos:  características do lugar de situación, entorno, contexto, interrelacións da forma e o espazo, comparativa sobre diferentes resultados.

- O espazo de intervención será a cuberta de entrada do Instituto. As medidas da superficie son 960 x 750 cm. Contando con unhas claraboias semiesféricas duns 90 cm. de diámetro  a uns 140 cm das esquinas.

- A proposta deberá estar correctamente escalada e proporcionada.
No taller hai unha maqueta en cartón do espazo concreto do centro a unha escala de 1/20. O espacio da cuberta a escala é de 48 x 38 cm.

Imaxes do terceiro exercicio