21.9.10

ANÁLISE E INTERPRETACIÓN FORMAL DE ESCULTURA CONTEMPORÁNEA: HENRY MOORE.

Bloque1.  A FIGURA HUMANA E A NATUREZA.
A figura humana. Estudo e tratamento
Estudo e interpretación de obras escultóricas contemporáneas do S. XX nas que a forma humana sexa o eixe fundamental.

Contidos conceptuais traballados no exercicio:

- Textura e sensibilización de superficies
- Busca, comprensión e selección, a partir de diferentes fontes, de información relevante relacionada con problemas de produción artística e utilización en contextos de debate e argumentación, distinguindo opinións de argumentos baseados en probas.
- Aplicación da visión analítica e sintética no campo das artes plásticas. Análise da lóxica interna que conforma os obxectos e plasmación mediante un proceso de síntese as propias representacións.
- O volume como proxección ordenada de forzas internas. Patróns e pautas da natureza.
- Elementos da linguaxe volumétrica: plano, volume, texturas, concavidades, convexidades, baleiro, espacio-masa, cor.
- O baleiro como elemento formal na definición de obxectos volumétricos.
- Análise e comprensión dos materiais, as súas posibilidades e limitacións técnicas e expresivas.
- Procesos de materialización e comunicación de ideas. Bosquexo en dúas e tres dimensións
- Iniciación ás técnicas e procedementos de traballo. Técnicas aditivas (modelado).
- Concepto, técnica e creatividade. Materia, forma e expresión.
- Relacións visuais e estruturais entre a forma e os materiais.
- Os procesos técnicos e a transformación de materiais na Historia da Arte.
- A manipulación artesá e industrial dos materiais no patrimonio de Galicia.

Henry Moore
(Castleford, Inglaterra, 1898 - 1986)


É considerado un dos escultores máis importantes do século XX e unha das principais figuras artísticas do Reino Unido contemporáneo. 

A traxectoria artística de Henry Moore iniciase mediante a búsca de formas capaces de rachar coa estatuaria tradicional e académica, formas que atopa - nesto de xeito similar a outros moitos artistas- na arte primitiva, as tallas africanas, as tumbas etruscas, a escultura precolombina, etc.


Na capital británica visitou con frecuencia o British Museum e o Museo de Ciencias Naturais, sentíndose atraído pola escultura arcaica e clásica, así coma polas formas naturais. En 1925 obtén unha beca para visitar París, Italia e España, ampliando os seus coñecementos artísticos co estudio das obras do Renacemento ata o cubismo. Estas influencias serán reelaboradas por Moore para crear un estilo persoal cargado de humanismo. As súas primeiras obras están definidas polo  arcaísmo e nelas manifesta xa os seus temas máis atractivos, coma a figura xacente ou a nai co fillo.


A pedra nos comezos e o bronce despois, foron os seus materiais preferidos.

As obras están baseadas na figura humana sintetizada en liñas curvas moi libres e nas que xoga sobre todo co baleiro. Interésalle os principios da forma: pedras, osos, plantas, ritmo, crecemento...


(Coleccionaba osos, pedras, troncos, cunchas... isto sérvelle de inspiración).
Non ignora as posibilidades da abstracción, pero a maioría das súas obras conserva un carácter biomórfico, e incluso antropomórfico.


En 1929 inicia unha temática inspirado no Chac-mool (Deus da chuvia na mitoloxía maia).

Unifica este e outro tema que é a nai na que personifica a terra fecunda e a muller coma fonte de vida.


En 1934, Moore comezou a escavar cavidades nos materiais e, a partir de 1940, cavidades e masas posen practicamente a mesma importancia, nunha búsqueda de complementariedade entre forma e espazo.

O xogo de espazos interiores lévao a crear figuras fisicamente partidas, pero visualmente unidas. Masa e baleiro coma dous conceptos que dialogan.


H. Moore dixo que era posible expresar algo inhumano coma a paisaxe natural a través da figura humana. así se van definindo rochas, montañas, cantís...

Pouco coñecido fora do seu país ata mediados do século, o Premio Internacional de Escultura da Bienal de Venecia, recibido en 1948,  proxectouno a nivel internacional e, no sucesivo, recibiu innumerables encargos, moitos  para exteriores, o que o levou a aumentar o tamaño das súas obras.


Outros artistas:

Bárbara Hepworth.

C. Brancusi

Hans Arp


Karl Hartung

Buciños


A. Manzano