Mostrando entradas con la etiqueta Land Art. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Land Art. Mostrar todas las entradas
28.6.11
28.12.10
Land Art. Andy Goldsworthy,
Tomamos como referente para analizar o tema 3 a este escultor británico que utiliza a natureza como material e espazo de traballo. A maior parte da súa obra foi realizada en lugares abertos en distintos países como Inglaterra, Noruega, Canadá, Xapón, Estados Unidos ou o Polo Norte. Dado que a súa obra, enmarcada dentro do movemento do Land Art, é efímera, as súas intervencións son fotografiadas ou filmadas para gardar rexistro das mesmas.A diferenza da primeira xeración de artistas do Land-Art, como Michael Heizer ou Walter De Maria, as esculturas de Andy Goldsworthy (Cheshire, Inglaterra, 1956) non constitúen ningún tipo de agresión contra a paisaxe. Trátanse de intervencións mínimas, realizadas con materiais atopados no contorno natural e manipulados a través de accións simples coas ferramentas corporais do propio artista (mans, dentes, etc). A actividade escultórica de Goldsworthy ten bastante que ver con certa cotidianeidad nostálxica pre-industrial, a partir de paseos, encontros e sutís transformacións dun contorno natural apenas manipulado.
Traballa coa levedade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, ve todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no transfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxecto en sí, amósanos a enerxía e vida que teñen cada un deles.
Catálogo dixital: Aquí.
Vídeos: Aquí 1, Aquí 2, Aquí 3.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
